BVG Atrás Índice de Páxinas |
Corpo |
||
(boca) |
v4emmapedreiraboca.html
implosivo
ou afeito a percorrerte
despido abaixo
nunha devoración profunda
inerte
é cando resistes
que lampadeas no aer
para morder entre os ollos á morte
que se cativou a si mesma dentro da boca túa
é cando inxertas o líquido glacial
do dispararse unha vez máis
como se a lingua fora a cúspide da desolación
o choro ingrávido
dunha
pregaria
luminosa
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |